Skip to main content
ActualidadeFoz

A estrada LU-151 entre Fazouro e San Acisclo mellorarase con 600.00 euros

Por 27 Febreiro, 2019Sin comentarios

Este ano farase a execución da estrada LU-151 entre Fazouro e San Acisclo, no municipio de Foz, para a que destina un orzamento próximo aos 600.000 euros.
O alcalde da localidade, Javier Jorge Castiñeira e técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI). Avanzaron que se licitarán e adxudicarán as actuacións nos vindeiros meses, coa previsión de facer as obras neste mesmo ano.
O proxecto suporá actuar en oito quilómetros, isto é a totalidade do percorrido da estrada entre o final da travesía de Fazouro e San Acisclo. As obras implicarán o acondicionamento de todo o treito, mediante a execución dunha nova capa de rodaxe en mestura bituminosa en quente, da que carece actualmente a calzada (mellorará substancialmente a vía actual construída en rego con grava)
Salientaron que se trata dunha intervención necesaria, “demandada polo Concello e tamén polos veciños e”. Destacaron que contribuirá a mellorar unha estrada “vertebradora, usada tanto para desprazamentos interiores neste municipio como para as comunicacións doutros concellos coa franxa costeira e mesmo co hospital público da Mariña”.