Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Rebeca Casas de Burela, é a gañadora do concurso de San Valentín do Restaurante O Cabazo

Por 3 Marzo, 2019Sin comentarios

O Hotel Restaurante O Cabazo, de Ribadeo, fixo público o resultado do sorteo realizado entre os clientes que festexaron o San Valentín nas súas instalacións. A gañadora foi Rebeca Casas Campo, de Burela, a quen lle correspondeu unha noite na suite do hotel con almorzo na habitación e unha botella de cava.
Xornadas do cocido
O Cabazo disponse agora a celebrar o entroido coas Xornadas do Cocido, que terán lugar do 1 ao 5 de marzo.
O menú consistirá nun aperitivo especial de entroido; sopa de cocido ou caldo galego; e cocido con lacón, cabeza, panceta, morro, chorizo, chosco, patacas, garavanzos e grelos. De sobremesa servirase filloa, filloa reenche de crema e leite frito. Estes pratos acompañaranse de viño tinto Mencía Alma (D.O. Monterrei), augas minerales, café e licores da terra.
O prezo por persoa é 25 euros. Poden realizarse as reservas no número de teléfono 982 128 517. O Hotel Restaurante O Cabazo seguirá servindo cocido do 6 ao 10 de marzo, pero neses días será previo encargo