Skip to main content
ActualidadeCervoDeportes AMARIÑAXA

O Concello de Cervo acollerá a X Ruta de Enduro Medela

Por 4 Marzo, 2019Sin comentarios

O domingo, 10 de marzo, o Concello de Cervo acollerá a X Ruta de Enduro Medela, unha ruta que cumprirá unha década de vida.
A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil delegado de Deportes, José Ramón Soto, ademais de varios membros do Club Medela, Abel Ordás, Víctor Riera e Diego Ballesteros, que sinalaron que “a saída está prevista para as 9:30 horas desde a piscina municipal de Lieiro, e os participantes realizarán primeiramente un percorrido non competitivo por varias zonas do municipio, concretamente por Lieiro, Galdín e Gondrás”.
A proba, de dificultade media-alta, será de 29 quilómetros, e 1.400 metros de desnivel acumulado. Villares e Soto quixeron agradecerlles unha vez máis aos rapaces do Club Medela o seu traballo “porque eles son os responsables do éxito desta competición á que dedican moitas horas do seu tempo logrando facer do noso municipio un marco excepcional para a práctica deste deporte”. Esta proba á que cada ano asisten máis de 200 corredores –engadiron- “é unha excelente oportunidade tamén para dar a coñecer a riqueza paisaxística e o patrimonio natural que temos en Cervo”.
Os dorsais pódense recoller o sábado, 9 de marzo, na Terraza O Noso Lar, en horario de 19:00 a 21:00 horas; e o mesmo día da proba, entre as 8:00 e as 9:15 horas, na piscina municipal. As persoas interesadas poden inscribirse ata o mércores, 6 de marzo, a través da web www.championchipnorte.com e recoller información na páxina de facebook Club Medela Mtb.
Ao remate da proba haberá unha comida para tódolos participantes.