Skip to main content
ActualidadeAlfozAMARIÑAXAO Valadouro

Valadouro e Alfoz levarán a cabo o seu Festival de Cine os días 9 e 16 de marzo

Por 6 Marzo, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A Casa da Cultura do Valadouro e de Alfoz levan a cabo o seu Festival de Cine os días 9 e 16 de marzo que está organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro.
O sábado 9 de marzo proxectarase A carta, unha película rodada polo grupo de teatro Raiolas de Alfoz no ano 2006 e será na Casa da Cultura de Alfoz.
O segundo día será a quenda da Casa da Cultura de Valadouro, que fará o seu concurso de curtas no que hai oito finalistas. Os premios desta edición son o de mellor película, mellor film do val e o premio do público, todos eles cunha dotación de 300 e 150 euros.
Haberá un xurado formado por Iago Villarino, que foi nomeado ao mellor director de fotografía dos premios Mestre Mateo; Adrián Canoura, cineasta burelés premiado en Filmadrid e Camila Bossa, recoñecida actriz galega e gañadora dúas veces do premio Mestre Mateo polo seu papel na serie galega Matalobos.