Skip to main content
ActualidadeRibadeo

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo pregúntase que fixo en 12 anos o Concello para resolver os problemas do abastecemento de auga

Por 7 Marzo, 2019Sin comentarios

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, acusa a Fernando Suárez de insultar e pregúntalle que fixo en 12 anos para resolver os problemas do abastecemento de auga municipal.
Daniel Vega resposta ás declaracións realizadas onte por Fernando Suárez manifestando: “nós quedámonos asombrados e perplexos escoitando as súas declaracións, que acoden a un insulto, son de acusación e non acreditan ningún feito. Polo tanto, palabras pero non feitos. Que fixo vostede durante 12 anos? Non resolveu a problemática que temos en Lexoso. Tampouco buscou outras opcións, como resolver o tema de Vilarbetote, esa tubería de fibrocemento con roturas en moitos puntos e non hai ningún investimento por parte do Concello de Ribadeo. Tampouco saíu do Concello a pedir colaboración institucional. Vostede envía cartas ou di que as envía, pero, que casualidade, nunca pon nada por parte súa”.
O candidato do PP á Alcaldía de Ribadeo engade: “nós, en vez de acudir a un discurso de insulto, vamos facer propostas. Nós pedimos que se resolva a problemática de Lexoso e tamén que se busquen novas alternativas porque hai outras posibles captacións de auga, pero vostede durante estes 12 anos non fixo nada aínda que si lle chegaron propostas ao Concello por parte de Augas de Galicia. Explíquenos por que non concretou esas medidas. E por que tampouco se resolveu durante 12 anos o problema da tubería que procede de Vilarbetote. Polo tanto pedímoslle responsabilidade, humildade e que non acuda a un discurso dun ego desmedido senón de propostas e de colaboración institucional para resolver unha problemática que sufrimos todos os ribadenses. Pensar nos ribadenses é actuar, traballar e resolver”.