Skip to main content
AMARIÑAXARibadeo

O colexio Sagrado Corazón de Ribadeo fixo unha exposición polos seu 50 aniversario

Por 8 Marzo, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Inaugurouse no colexio Sagrado Corazón de Jesús, de Ribadeo, unha exposición con material escolar dos 50 anos de vida do centro nas súas actuais instalacións.
A mostra, titulada 50 anos: do pizarrín ó portatil, estará aberta ao público no centro ata o día 31 deste mes. Pode visitarse os días lectivos de 17:00 a 18:30 horas, os sábados de 18:30 a 20:00 e os domingos de 12:30 a 14:00 horas.
Esta exposición forma parte do programa de actividades organizadas polo colexio Sagrado Corazón con motivo do 50º aniversario das súas instalacións actuais, que están na rúa Carlos III, número 4, da vila ribadense, e que abriron as súas portas en setembro de 1969.