Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXARibadeo

O PP de Ribadeo esixe unha partida para arranxar o campo de fútbol

Por 12 Marzo, 2019Sin comentarios

O grupo popular esixirá que a Deputación de Lugo garanta unha partida orzamentaria para arranxar o campo de fútbol de Ribadeo. Así llo anunciou o candidato do PP á alcaldía ribadense, Daniel Vega, ás presidentas do Ribadeo FC e da SD Ribadeo, coas que mantivo unha xuntanza para abordar este asunto.
“Reunímonos coas presidentas do Ribadeo FC e da SD Ribadeo para trasladarlles cal vai ser o traballo do grupo popular na Deputación Provincial, que é esixir que se garanta unha partida orzamentaria para arranxar o campo de fútbol. Tamén garantimos que se invista por parte da Xunta de Galicia unha cantidade concreta, a primeira de 46.250 euros; e a segunda, esixirlle ao goberno municipal que do Fondo de Cooperación Local, que son 425.000 euros que proceden das arcas da Xunta de Galicia, se invista no campo de fútbol”, explicou Daniel Vega.
O candidato do PP á alcaldía de ribadeo engadiu que “fai falta unha explicación por parte do señor Fernando Suárez, que se defende con claridade que se arranxe o campo de fútbol pode destinar unha partida concreta do Fondo de Cooperación Local. Se o proxecto suma en total un investimento de 400.000 euros temos o problema resolto no campo de fútbol. Pero se non o quere así no 2019 a Xunta de Galicia inviste 46.000 euros”.
Vega rematou comentando que “o resumen de todo isto é que por parte do grupo popular hai unha defensa clara de investir no campo de fútbol e por parte do señor Suárez descoñecemos cal é o traballo, porque durante 12 anos non investiu nin un euro nese campo de fútbol. Polo tanto non serve enviar cartas que non sabemos cal é o destino, non serven os discursos, hai que concretar orzamento. A Xunta de Galicia concretou unha partida de 46.000 euros e se o señor Suárez quere que destine o Fondo de Cooperación Local ao campo de fútbol. E por parte do grupo popular na Deputación esixirase que se garanta unha partida orzamentaria para arranxar o campo de fútbol de Ribadeo”.