Skip to main content
ActualidadeBurela

A banda deseñada e os videoxogos serán as temáticas centrais das alfombrais florais de Burela

Por 16 Marzo, 2019Sin comentarios

A comisión das festas patronais de Burela anunciou que a banda deseñada e os videoxogos serán as temáticas centrais das alfombrais florais das festas patronais deste 2019.
A comisión convida a todos aqueles que o desexen a enviar propostas para a realización das alfombras ao correo electrónico comisiondefestasburela@gmail.com, cunha imaxe do videoxogo ou personaxe de banda deseñada que sexa do seu agrado.
 
LIBRO
A comisión organizadora das festas patronais de Burela anima á veciñanza a enviar fotos e textos sobre estes festexos. Os mellores formarán parte do libro deste 2019.
Desde a comisión explican que “o que lle pedimos á xente do noso pobo é que nos envíen fotos das festas patronais de Burela e tamén os animamos a escribir voluntariamente un texto, cun máximo de 400 palabra, sobre as festas ou sobre a nosa vila”.
Este material debe remitirse por correo electrónico a comisionfestasburela@gmail.com ou vía mensaxe privada ao facebook das festas patronais burelesas. O prazo de envío remata o 15 de abril.
A comisión organizadora subliña que “entre todas as fotos e os textos que recibamos nas vindeiras semanas elixiremos as mellores para seren publicadas no libro deste 2019. Animamos a toda a xente a participar e a deixar as súas vivencias en imaxes e palabras”.
DONATIVOS
A comisión iniciou neste mes de febreiro a recadación de donativos para financiar os festexos, que se celebrarán do 31 de maio ao 3 de xuño.
A organización adiantou xa que as orquestras que animarán as noites da festa serán Finisterre e París de Noia o venres 31 de maio; Israel e Garibaldi, o sábado 1 de xuño; Ritmo Joven e Combo Dominicano o domingo 2; finalmente, Trébol e  Panorama amenizarán a noite do luns 3..