Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

Mondoñedo contará co programa de 4º ciclo para maiores de 50 anos

Por 18 Marzo, 2019Sin comentarios

Mondoñedo contará co programa de 4º ciclo para maiores de 50 anos Camiños de Coñecemento e Experiencia. Será grazas á colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, logo de que a alcaldesa da localidade o acordase coa responsable da USC, Teresa Rodríguez López.
A alcaldesa amósase satisfeita por dito acordo, pois contribúe aumentar a oferta educativa que xa ofrece esta localidade na actualidade, ao tempo que supón unha alternativa para aquelas persoas que, cunha idade algo máis avanzada, desexen recibir formación universitaria.
Neste senso, a rexedora adianta que, dende a entidade local, están buscando posibles emprazamentos para impartir dita titulación, sendo o Seminario a opción que colle máis forza para elo. E é que, deste xeito, segundo indica a titular municipal, “ademais de incrementar as opcións educativas que xa temos en Mondoñedo e, por extensión, na Mariña, contribuiríamos a que o Seminario recuperase a actividade docente, da man do selo da Universidade de Santiago”.
Para Elena Candia, este acordo de colaboración “é, sen lugar a dúbidas, unha boa noticia”, e agradece á responsable da USC a absoluta disposición por implantar este ciclo en Mondoñedo, que xa está a funcionar noutros concellos galegos.