Skip to main content
ActualidadeRibadeo

O concello de Ribadeo solicita unha subvención para o arranxo da rúa Pintor Fierros

Por 26 Marzo, 2019Sin comentarios

O Concello vén de solicitar unha subvención de 40.000 euros á Xunta de Galicia para proceder á renovación do pavimento da rúa Pintor Fierros. O investimento total ascenderá a 100.000 euros, dos que o Concello aportará de fondos propios 60.000.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez, explicou que “esta rúa é moi importante porque é un acceso ao centro de Ribadeo desde as parroquias do interior, que acaba entrando o tráfico que ven delas principalmente por esta rúa Pintor Fierros e tamén comunica coa avenida de Galicia, que é unha das arterias principais da vila. Ao mesmo tempo nesta rúa ubícase a piscina municipal de Ribadeo e tamén está moi próximo o campo municipal de fútbol”.

O rexedor dixo que “agora, nestes últimos anos, hai que ter en conta que o pavimento de rego asfáltico está moi deteriorado polo paso do tempo, e tamén porque novos servizos como gas, telecomunicacións, saneamento, etc…, provocaron baches e é polo que se fai necesario renovar o pavimento na súa integridade por outro novo de aglomerado asfáltico, cun proxecto que, o técnico municipal, establece en 100.000 euros con ive incluído”.

Suárez Barcia contou que “para esta obra acabamos de pedir, hai uns días, unha subvención á Xunta de Galicia, dentro dunha orde de convocatoria para a mellora de infraestruturas por  importe de 40.000 euros. Pedímoslle á Xunta de Galicia que nos dea o 40%, sabendo que o 60% o pon o Concello de fondos propios”.

O alcalde agarda que “a Xunta non teña reparo, a ver se é verdade e a ver se é así e nos da esta pequena achega, pero que sería importante para poder levar adiante canto antes as obras de renovación do pavimento da rúa Pintor Fierros”.