Skip to main content
ActualidadeRibadeo

A festa Romaxe das Cruces de Arante acadou a declaración de Festa de Interese Turístico Galego

Por 1 Abril, 2019Decembro 18th, 2023Sin comentarios

A Mesa de Traballo constituída para acadar a declaración de Festa de Interese Turístico Galego para a Festa Romaxe das Cruces recibiu con agrado a distinción.

A Mesa de Traballo constituída, en maio de 2017, para acadar a declaración de Festa de Interese Turístico Galego para a Festa Romaxe das Cruces, formada por representantes da Asociación de Veciños/as o Formigueiro, o presidente, Javier González López, a secretaria, Azucena González Loredo, o párroco Carlos Miranda Trevín, o historiador especialista na Romaxe Emilio López Piñeiroa, a técnica municipal de turismo, Begoña García López, e os/as voceiros/as dos grupos con representación na Corporación Municipal Ana María Martínez Fernández, Jesús López Penabad, Aurora González Ginzo e Marta María Saiz García, e coordinada pola Delegación Municipal de Turismo do Concello de Ribadeo, recibiu con agrado a declaración institucional por parte da Xunta de Galicia desta distinción.

E lembran que “así, tras o traballo de investigación elaborado por dita mesa, foi presentada unha moción para ser tratada no pleno municipal do 1 de xuño do 2017, adoptando o acordo unánime de iniciar o procedemento de solicitude por parte do Concello de Ribadeo á Xunta de Galicia para a declaración de Festa de Interese Turístico Galego”.

Ademais subliñan que “é unha festa capaz de xuntar 7 parroquias de dous Concellos diferentes (Ribadeo e Trabada), reflexo da forza e unión da veciñanza na defensa da colectividade, con máis de 200 anos de antigüidade se ven celebrando de maneira ininterrompida grazas aos veciños e veciñas, abandeirados pola Asociación de Veciños O Formigueiro e a Comisión de Festas, verdadeiros artífices deste evento, e da que poderemos disfrutar novamente o 10 de xuño (luns de Pentecostes)”.

Con esta declaración o Concello de Ribadeo conta xa con dúas Festas de Interese Turístico Galego: a Xira de Santa Cruz e a Festa Romaxe das Cruces da Ponte de Arante.