Skip to main content
ActualidadeRibadeo

O concello de Ribadeo rematou as obras nas rúas Carlos III e Sor Pilar de León, que xa quedaron abertas ao tráfico

Por 1 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello rematou as obras realizadas nas rúas Carlos III e Sor Pilar de León, nas que investiu 34.000 euros de fondos propios. O alcalde, Fernando Suárez, explicou que os traballos se fixeron cando menos podían molestar e engadiu que toda esa zona xa está aberta ao tráfico rodado.

O rexedor explicou que “acabamos de rematar as obras de aglomerado e de acondicionamento do entorno das rúas Carlos III e Sor Pilar de León, na zona do colexio Sagrado Corazón. Estas obras foron financiadas polo Concello con fondos propios, con 34.000 euros, e fíxoas a empresa Deymet”.

Fernando Suárez subliñou que “estivemos planificando esas obras cando menos podían molestar, dado que é unha zona moi concorrida, especialmente polo colexio, aínda que tamén polo diferente tráfico que a utiliza como saída da autovía ou como a unión coa avenida importante que é Rafael Fernández Cardoso”.

O alcalde sinalou que “agora, eliminados os problemas que había de fochancas, todos os problemas que había tamén de pluviais en canto ás augas que non daban boa saída e anegaban varias casas cando chovía moito, esperemos que toda esta obra serva para facer máis agradable o paso e o paseo por esa zona tan importante de Ribadeo. Polo que queda totalmente restablecido e aberto ao tráfico nesas rúas”.