Skip to main content
ActualidadeFoz

Francisco Xabier Fanego encabeza a candidatura do BNG á alcaldía de Foz

Por 3 Abril, 2019Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego en Foz vén de anunciar o candidato á alcaldía para as eleccións municipais de maio. Será Francisco Xavier Fanego Bermúdez, que naceu en Foz en 1974 e é traballador de mantemento na factoría de Alcoa en San Cibrao.
É o actual responsable local da organización en Foz e participa activamente na vida social da vila, en diversos colectivos.
Para o candidato nacionalista, é urxente un cambio no concello, pero non só un cambio de persoas, senón un cambio transformador coma o que leva adiante o BNG en todos os concellos donde goberna. Para isto, dice Fanego “é prioritario darlle voz á veciñanza, darlle voz aos diferentes colectivos e ás parroquias”, e tamén afirmou: “queremos que o concello de Foz sexa de tod@s e para tod@s, e traballaremos para gobernalo baixo as premisas da trasparencia, a eficacia e a honestidade”
O BNG está dándolle os últimos retoques a elaboración dunha candidatura ampla, integrando persoas de todos os sectores sociais, laborais, culturais e deportivos, unha candidatura representativa de todo o pobo de Foz, e con persoas comprometidas co BNG e co futuro de Foz, ademais de coñecedoras da súa realidade. Unha candidatura que estará rematada nos próximos días.