Skip to main content
A PastorizaActualidadePol TERRACHÁXA

Pol acolleu unha nova xornada de billarda con vitoria para A Pontenova

Por 3 Abril, 2019Sin comentarios

A décima xornada puntuable da LNB da conferencia NorLeste, que se disputou no Colexio de Mosteiro (Pol), xuntou a mais de medio cento de palanadores dos sete equipos en liza na V edición do Aberto de Billarda A Ceo Aberto.

Xornada moi diputada sobre un terreo algo desigual pero en boas condicións para a práctica da billarda e onde os Troitas Bravas da Pontenova foron os dominadores acadando a victoria por equipos e colocando no segundo e terceiro chanzo do podio a dous dos seus palanadores.

Esta é a segunda victoria da tempada dun equipo que vai a máis e que a falta de tres xornadas, ten casi segura a terceira plaza na xeral, que dá dereito a participar nas vindeiras finais nacionais de Santiago e non renuncian a seguir escalando posicións.

Por diante teñen os Billardeiros Musicais de Ribadeo e os Carabullo de Ponte de Outeiro que seguen aguantando a presión dos mariñáns aínda que estos son teimundos e por segunda xornada consecutiva logran rebaixar a distancia que os separa.

En individuais, a loita está sendo de poder a poder e cada carreira convértese nunha polibilidade de adiantar a un rival. As clasificacións están moi apretadas e todo pode pasar aínda. Entre o primeiro e o quinto só hai once puntos de diferencia co que ninguén tira a toalla. Os 23 puntos que fixo Chousa só os superou Markytos, que foi o gañador e foron dabondo para poñerse primeiro superando por un punto a Daniel e a Manu Pozo.

David Navallo e Regueiro tamen fixeron 23 puntos e logo das carreiras de desempate, quedaron por ese mismo orde en segundo e terceiro lugar.

En toda a tarde só David Navallo foi quen de acadar un varado, mais como foi nas carreiras de desempate non contabiliza. Outro casivarado foi o de Markytos, que mandou a billarda contra a cinta que marcaba a liña de meta e non chegou a traspasala por quedar alí presa.

En donas, sobresaínte a prestación da xoven Irea que de ser máis asidua, podería darlles guerra a Geni e Paula, que son as dúas domindoras da categoría; empatada con ela quedou Sara e por riba máis a incombustible Geni.

Nesta ocasión os gañadores recibiron como agasallo de mans de Manu, representante de Polka Miseria, unhas artísticas tallas realizadas por él mesmo.

As clasificacións logo desta xornada quedan deste xeito:

Individual:

Chousa           (Carabullo)                 199 p
Daniel              (Bill.Musicais)             198 p
Manu Pozo     (Bill.Musicais)             197 p
Regueiro         (Troit.Bravas)             191 p
Sachas           (Troit.Bravas)             188 p

Donas:

Geni                (Bill.Musicais)             166 p
Paula              (Chain.Cadaval)         148 p
Sara                (Polka Miseria)           110 p

Equipos:

Carabullo de Ponte de Outeiro          786 p
Billardeiros Musicais de Ribadeo      778 p
Troitas Bravas de A Pontenova        761 p.

Varados:

Charli, Regueiro e Santi …    7
Chousa, Markytos,
Muriego, Pepe de Outeiro
e Pepe Vidal …                      5

Para a seguinte xornada voltamos a terra Chá, estarán en Bretoña donde o 20 de abril disputarase o Aberto da Bola de Liscos.