Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

O Vicedo amañará a estrada da praia de Abrela

Por 8 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello do Vicedo amañará a estrada da praia de Abrela, cun encargo á empresa Carferlo, onde as raíces das árbores orixinan elevacións na estrada e que ocasionaron danos a un vehículo.
Desde o Concello din que descoñecían a titularidade de dita estrada, e pensaban que pertencía a Deputación como o resto do vial. Tamén aclarán que a pintura que hai no chán é pray flúor que pintou a Garda Civil ao vir facer o atestado dun accidente.
Xa son varias as elevacións que presenta o vial pero tan só se ve como perigo grave o que hai na curva xa que para esquivala hai que invadir o carril contrario, polo que se pode ocasionar un accidente. Con todo isto, desde o Concello encargaron a Carferlo o seu arranxo e engade que este non é o único acceso para ir ao Fuciño do Porco.