Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXARibadeo

Sesenta parellas inscritas xa no III Open de Pádel de Ribadeo

Por 8 Abril, 2019Sin comentarios

Son xa 60 as parellas inscritas (120 persoas) para participar no III Open de Pádel Balpersa Volvo, que se celebrará do 18 ao 21 de abril nas instalacións do club ribadense. A inscrición estará aberta ata o vindeiro luns, día 15, ás 13:00 horas.
Neste torneo establécense varias categorías: 1ª, 2ª e 3ª Masculina, 1ª e 2ª Feminina e Mixta. Os premios para os finalistas consistirán en material deportivo.
As persoas interesadas poden facer as súas inscricións en www.mistorneosonline.es, no número de teléfono 650 624 350 e na recepción de Pádel Club Ribadeo. O prezo da inscrición, que estará aberta ata o 15 de abril, é 18 euros máis 10 euros categoría adicional.