Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXARibadeo

O equipo de Terceira Nacional de tenis de mesa SD Ribadeo rematou a liga en terceiro posto

Por 9 Abril, 2019Sin comentarios

O equipo de Terceira Nacional de tenis de mesa SD Ribadeo Carneiros TTPRO finalizou a liga no terceiro posto da clasificación despois de perder o domingo, contra o AD Dubratambre por 4 a 1 no municipio coruñés de Val do Dubra.
En canto ao equipo de 2ª Autonómica, Promesas TM Concello de Ribadeo, venceu por 2 a 4 na localidade coruñesa de Cambre e quedou noveno na clasificación da liga.
E o equipo de Primeira Autonómica SD Ribadeo Restaurante San Miguel finalizou a liga clasificado no cuarto posto.