Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

A importancia de ter unha planificación financeira

Por 10 Abril, 2019Sin comentarios

Por Rubén Castro
No artigo de xaneiro falamos da importancia de que cada cliente tivese o seu patrimonio traballando a través dunha planificación financeira. Pero,  que é a planificación financeira? A planificación financeira consiste en distribuír o patrimonio en varios horizontes temporais (día a día, corto prazo, 1-3 anos; medio prazo, 4-9 anos; longo prazo, máis de 10 anos). Esta distribución temporal ten que facerse ligada ós obxectivos e necesidades de cada cliente. Un exemplo podería ser: a curto prazo, vacacións; a medio prazo, cambio de coche; a longo prazo, a xubilación. Estas necesidades/obxectivos soamente as coñece o cliente e debe ser precisamente el quen lle indique á persoa na que confía para xestionar os aforros cales son as súas prioridades. Deste xeito, o asesor deberá estudar que servizos bancarios son os idóneos para o cliente, segundo o seu perfil e no horizonte temporal no que se sitúa cada unha das necesidades.
Pero, por que un cliente de banca debe beneficiarse desta maneira de xestionar o seu patrimonio?
Os motivos son varios, pero o máis importante é o que lle preocupa a meirande parte dos usuarios da banca: a seguridade financeira. Moita xente pensa que tendo o patrimonio en contas correntes de varias entidades financeiras está máis seguro; outros pensan que por ter o patrimonio na conta dunha soa entidade que está adherida ao fondo de garantia de depósito (que asegura ata 100.000€ por titular de conta) xa teñen o seu patrimonio asegurado. Dende fai uns anos tamén se comercializan uns produtos nos que se intenta “vender” que a seguridade se atopa en produtos “garantizados”, “estruturados”, etc. ainda que estes non garantizan o capital que neles se invirten, isto queda para outro artigo. A planificación financeira dálle seguridade ao patrimonio de cada persoa porque cumpre cos 5 puntos básicos da diversificación, que é onde se atopa a seguridade real do patrimonio. Estes 5 puntos da diversificación son: 1º Diversificación temporal: ao ter as necesidades en varios horizontes temporais xa se está a cumprir e, desta maneira, disponse de servizos bancarios orientados a cada horizonte. 2º Diversificación en títulos: canto maior sexa a cantidade de títulos que teña en cada servizo bancario que axude ás necesidades, e cantos máis teña no total da planificación, máis seguro estará o patrimonio. Un exemplo desta diversificación é que o patrimonio está máis seguro nun servizo bancario que invirta en accións de 50-100 compañías, que o patrimonio do que invirte en accións dunha soa empresa. 3º Diversifacación Xeográfica/Sectorial: hai servizos bancarios que permiten ter o patrimonio en compañías de todo o mundo e de todos os sectores, isto é que como ninguén sabe de antemán que países ou sectores van xerar máis riqueza ou van estancar, ao ter esta diversificación, o patrimonio ten tamén seguridade. 4º Diversificación por potencial de crecemento: unha parte pequena do patrimonio debe tamén estar en compañías dos países coñecidos como emerxentes, xa que estas economías medran máis que a media e son as que van permitir que o noso patrimonio aumente tamén un pouco máis. 5º Diversificación en tipoloxía de produtos: cantos máis produtos bancarios teña contratados o cliente (sempre que el os necesite), maior seguridade ten o seu patrimonio.
Poñer o patrimonio a traballar cumprindo estas dúas regras (planificación financiera e os 5 puntos básicos da diversificación), é a forma na que o teu patrimonio está máis seguro, que é o máis importante. Se a esta maneira de ter o patrimonio se lle axuda co factor tempo, e o cliente ten a un profesional que realice un traballo personalizado a o seu perfil e efectúe un seguimento real e activo, o cliente poderá favorecerse de que o seu patrimonio medre e lle axude a conseguir os seus obxectivos.