Skip to main content
ActualidadeRibadeoSociedade

Setenta mariñaos e asturianos participaron nunha excursión aos vales do Jerte e do Tormes

Por 10 Abril, 2019Sin comentarios

Setenta veciños da Mariña e do Occidente asturiano, concretamente dos municipios de Ribadeo, Barreiros, Foz, Vegadeo, Castropol e Tapia de Casariego, participaron nunha excursión aos vales do Jerte e do Tormes celebrada a pasada fin de semana. A actividade foi organizada pola axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado.

Os participantes na excursión puideron contemplar a impresionante estampa dos cereixos en flor que hai nesa zona durante esta época do ano e visitaron localidades de interese como Barco de Ávila, Candelario e Béjar, nas que tamén gozaron da neve, que os acompañou durante parte da viaxe.