Skip to main content
ActualidadeLourenzá

O presidente da Acial, Javier Huertas, acompañará a Rocío López na candidatura do PSOE ás municipais

Por 13 Abril, 2019Sin comentarios

O Presidente da ACIAL, Javier Huertas, acompañará á Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, na candidatura do PSOE para as próximas eleccións municipais. Así o anunciou este venres a rexedora socialista tras a celebración da asemblea na que foi aprobada por aclamación dos compañeiros da agrupación a lista presentada.

Rocío López mostrouse moi satisfeita de que o Presidente da Asociación de Comerciantes, Javier Huertas, aceptara formar parte da candidatura que os socialistas laurentinos presentarán aos próximos comicios. A socialista tamén confirmou que o actual voceiro do equipo de goberno, Manuel Arango, aparece nos primeiros postos de dita candidatura. Nos vindeiros días, o PSOE irá informando das persoas que integran a lista completa.

“Imos a presentar un equipo moi forte e cohesionado que representa o conxunto da sociedade de Lourenzá e co que queremos seguir impulsando un proxecto de futuro para o noso Concello, ofrecéndolles aos nosos veciños servizos públicos de calidade”, destacou a Alcaldesa.

Pola súa parte, Javier Huertas subliñou que “empezo unha nova etapa na que decidín ofrecer parte do meu tempo a Lourenzá e na que teño a confianza de que, ao igual que noutras etapas da miña vida, conseguirei manterme firme nas miñas conviccións e honestidade co obxectivo de mellorar o Concello”.