Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Ribadeo acollerá diversas actividades infantís e xuvenís durante a Semana Santa, do 15 ao 17 de abril

Por 14 Abril, 2019Decembro 18th, 2023Sin comentarios

Ribadeo acollerá diversas actividades infantís e xuvenís durante a Semana Santa. Vanse desenvolver do 15 ao 17 de abril e están organizadas pola Concellaría de Xuventude.

Durante eses tres días: 15, 16 e 17 haberá un obradoiro de estampación de camisetas con ceras na Casa da Xuventude para nenos e nenas a partir de 10 anos.

O 15 terá lugar un obradoiro de relacións persoais para mozos e mozas a partir de 12 anos. Será tamén na Casa da Xuventude.

O 16 desenvolverase unha xornada lúdica no parque de San Francisco de 16:30 a 19:30 horas con diversas actividades para todos os nenos e nenas que acudan. E haberá tamén a Discoteca Disney para animar a festa con xogos, bailes e música.

E tamén o 16 de abril mozos e mozas a partir de 12 anos viaxarán á Coruña a Escape Room. A inscrición é de balde.