Skip to main content
ActualidadeBurela

Burela organizará un curso de preparación para a proba de obtención da nacionalidade española

Por 15 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello organizará un cursiño para axudar a preparar a proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España para a obtención da nacionalidade española.

A concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez, explica que “a temática deste curso, que o Concello pretende celebrar en breve, é coñecer o goberno, os poderes e institucións do Estado, as leis fundamentais e os mecanismos de participación cidadá, a organización territorial e xeografía física e política de España, así como os dereitos e deberes que comportan a nacionalidade española. Ademais tamén inclúe dar a coñecer as tradicións, aspectos culturais, feitos históricos españois relevantes e aspectos da vida cotiá, comportamento en sociedade e os distintos trámites administrativos en España. Con esta formación trátase de axudar a preparar a proba esixible para a obtención da nacionalidade española”.

As persoas interesadas poden obter máis información poden dirixirse á Casa do Concello ou chamando ao número de teléfono 982 58 60 00.

A edil burelesa lembra que “segue aberto o prazo, ata o día 22 de abril, para participar no VI Concurso de Lemas e Debuxo e Pintura polo Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial. Os obxectivos destes certames son transmitir a través de mensaxes curtas ou debuxos a importancia da educación en igualdade e a necesidade de eliminar a discriminación racial, así como a súa prevención. As bases para poder participar nestes concursos pódense obter na Casa do Concello o una sede electrónica da páxina web do Concello de Burela”.