Skip to main content
ActualidadeViveiro

O BNG de Viveiro presenta o seu programa electoral para as municipais

Por 15 Abril, 2019Sin comentarios

O BNG de Viveiro publica nas redes o seu programa de goberno co que se presentas ás municipais do 26M para transformar Viveiro nun modelo de concello habitábel, saudábel, seguro, inclusivo e verde, onde a veciñanza será o eixe central no desenvolvemento da política municipal.

O programa de goberno co que se presentan os nacionalistas ás eleccións municipais do 26 de Maio e que explicarán ás súas veciñas e veciños durante a campaña electoral, é froito do traballo desenvolto ao longo dos últimos tres anos coa veciñanza e dos encontros sectoriais abertos que veu mantendo a organización nacionalista coas viveirensxs nestes 2 últimos meses, manifestou a candidata á alcaldía, Miriam Bermúdez, asegurando ademais: este é un programa de goberno aberto á veciñanza e a todxs aquelxs viveirensxs que queiran seguir facendo aportacións que teñan encaixe dentro da liña programática do modelo de concello pensado para Viveiro.