Skip to main content
ActualidadeViveiro

Asinada no Concello de Viveiro a recepción das obras da rúa A Calexa en Celeiro

Por 17 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro asinou onte a acta de recepción das obras incluídas no proxecto denominado “Pavimentación e servizos na rúa A Calexa, en Celeiro”, cun presuposto de contrata de 64.021,38 €. Estas obras foron incluídas no Plan Único 2018 e foron financiadas pola Deputación Provincial de Lugo cunha achega do Concello de Viveiro de 3.333,35 €.

As actuacións levadas a cabo na rúa A Calexa, que comunica a rúa Lavandeiras coa Rúa Grande, consistiron en aumentar a sección dos tubos que forman a rede de evacuación de augas residuais, dotar a este tramo do vial dunha rede separativa de pluviais, aumentar a sección da rede de subministro de auga potable, e así garantir o bo servicio da instalación, canalizar a instalación da telefonía para poder liberar as fachadas do cableado grampado, así como nos cruces e interseccións de viais e canalizar a instalación eléctrica que discorre polas fachadas ao igual que a de telefonía. Tamén demoler o pavimento existente anteriormente de soleira de formigón, para colocar soleira de formigón impreso.

O cableado tanto de telefónica como o eléctrico, ademais de desmellorar a imaxe global do entorno, cruzaban a rúa e, en determinadas zonas, estaba demasiado baixo, o que ocasionaba nalgúns puntos certos impedimentos para a circulación de vehículos de gran porte.