Skip to main content
ActualidadeCervo

O Centro de Emprendemento de Sargadelos amplía a súa oferta con táboas de surf e tatuaxes

Por 17 Abril, 2019Sin comentarios

O Centro de Emprendemento acondicionado no edificio das Antigas Cabalerizas de Sargadelos amplía a súa oferta de actividades cun establecemento de fabricación e venda de táboas de surf artesanais e cun obradoiro creativo e estudo de tatuaxes.

O rexedor, Alfonso Villares, asinou esta mesma mañá o contrato coa persoa adxudicataria do local número 1, Alejandro Molina, que ten previsto desenvolver a partir de maio a súa actividade baseada na fabricación e deseño de táboas de surf artesanais, incluíndo tamén a creación de prendas relacionadas con este deporte.

En días atrás, tamén foi adxudicado o local número 2, que albergará un obradoiro creativo (costura creativa, complementos/decoración creativa…); zona de tenda e espazo para nais lactantes; e estudo de arte na pel e perforación, entre outras actividades.

Estas iniciativas veñen sumarse ao centro ecuestre “Cabaliño de Pao” que botou a andar este pasado verán cunha gran acollida; e a un establecemento de alimentación ecolóxica e a un café-bar cultural que abrirán as súas portas nos vindeiros días.

Villares apuntou que a día de hoxe só queda un dos 6 locais que acondicionamos dispoñible, unhas cifras de ocupación –precisou- que avalan a importante aposta que fixemos desde o equipo de goberno para poñer en marcha este proxecto concibido cun dobre obxectivo;  por unha banda darlle ese impulso ao Conxunto Histórico; e por outra ofrecerlle a estas persoas emprendedoras e con ideas novidosas e interesantes unha opción para poder iniciar a súa actividade facendo fronte a un custe asumible, de arredor de  20 euros mensuais”.