Skip to main content
ActualidadeLourenzá

O PP de Lourenzá presenta a súa candidatura completa para as eleccións municipais

Por 22 Abril, 2019Sin comentarios

O PP de Lourenzá ven de presentar a lista completa encabezada por Francisco Javier Rodríguez Barrera co que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio.

Antonio Rego Rey figura no número 2 da lista seguido de Eduardo Reigosa Braña e Emma Álvarez Chao nos postos 3 e 4. As seguintes persoas na lista son Sandra Gómez Maradona, Magdalena Prado Rodríguez, José Martínez Ferreira, María José Sante Garcí, María Guadalupe Flórez Seivane, Roberto Díaz Expósito e Pablo Maseda Fernández. Darío Rodríguez Bermúdez, Josefa Rodríguez Lorenzo e Alejandro Fernández Reigosa completan a candidatura como suplentes da lista.

O alcaldable popular sinala que se trata “de xente moi válida, formal, preparada e comprometida que se une co obxectivo de traballar por mellorar Lourenzá”. É máis, Rodríguez Barrera defende que “o noso proxecto está pensado para os vindeiros catro anos, non improvisado nos últimos meses” e “este equipo será o que volva a poñer a Lourenzá no lugar que se merece sacándoa do desastre no que a meteu o PSOE por mor das súas guerras internas dentro do propio equipo de Goberno onde se deron dúas dimisións e  tres renuncias”.

Rodríguez Barrera recorda que “o Partido Popular fixo todo o que hoxe temos en Lourenzá porque gobernou sempre dende que hai democracia, agás nos últimos catro anos”. Así, indica que “este equipo, ao que lle agradezo o apoio, vai facer deste un concello máis moderno, profesional e cercano aos nosos veciños e veciñas” e avanza que “trataremos de traer para Lourenzá todos cantos investimentos sexan posibles”.

O candidato popular á alcaldía aposta pola implantación de novas instalacións deportivas para o fomento do deporte entre os máis novos e novas e, nese sentido, comprométese “a dotar ao municipio dun campo de herba artificial no primeiro ano de mandato”. Tamén sinalou Rodríguez Barrera o seu apoio aos maiores e dependentes; ademais da necesidade de “mellorar o aspecto xeral do pobo facéndoo un lugar agradable para vivir” e “poñer en valor o noso patrimonio”. Pero tamén nomea o popular “a potenciación da nosa faba e a defensa dos seus produtores” ou “o apoio aos gandeiros” entre algunhas das súas iniciativas para desenvolver dende o Goberno local se os laurentinos e laurentinas “nos dan a súa confianza”.

Candidatura

1. Francisco Javier Rodríguez Barrera

2. Antonio Rego Rey

3. Eduardo José Reigosa Braña

4. María Emma Álvarez Chao

5. Sandra Gómez Maradona

6. Magdalena Prado Rodríguez

7. José Martínez Ferreira

8. María José Sante García

9. María Guadalupe Flórez Seivane

10. Roberto Díaz Expósito

11. Pablo Maseda Fernández

Suplentes:

Darío Rodríguez Bermúdez

Josefa Rodríguez Lorenzo

Alejandro Fernández Reigosa