Skip to main content
ActualidadeRibadeo

O Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo celebrou o Día do Libro lendo no parque ribadense

Por 23 Abril, 2019Decembro 18th, 2023Sin comentarios

518 alumnos e alumnas e 40 profesores e profesoras do colexio Sagrado Corazón de Jesús, de Ribadeo, celebraron hoxe o Día do Libro lendo no parque ribadense. Nesta actividade, denominada Al aire libros, o alumnado de ESO leu libros ós escolares de Infantil e dos de Primaria fixeron a lectura de maneira individual.

Ademais o colexio Sagrado Corazón está celebrando a Semana das Linguas cunha actividade chamada O buzón dos bos desexos, onde cada alumno e alumna do centro escribe un bo desexo a outro compañeiro ou compañeira depositándoo no buzón. Así todos reciben unha carta que pode estar escrita en calquera das linguas que se estudan no colexio: galego, castelán, inglés e francés.