Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

O Concello do Vicedo organiza a XII Ruta de Pinchos que terá lugar en dúas fins de semana consecutivas

Por 23 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello do Vicedo celebra a XII Ruta de Pinchos. Terá lugar en dúas fins de semana consecutivas, comezando por esta próxima do 26 e 27 de abril, e con rutas por diferentes locais cada fin de semana.

A primeira ruta, que será os días 26 e 27 de abril e de 20:00 a 23:00 horas será contará cos locais  chiringuito de Abrela en Suegos coa tapa  Ameixas/Kokotxas, o restaurante Area Grande en San Román con Mistura e Casa Fanego tamén en San Román con Pescada do pincho de Celeiro con puré vermello e salsa chimichurri.
A segunda ruta, que terá lugar os día 3 e 4 de maio tamén de 20:00 a 23:00 horas recorrerá o café-bar San Esteban coa tapa Codillo con cebola caramelizada; a cafetería Galatea que presentará Roliños de porco, La Bodeguita del Puerto co pincho Especial de ‘La Bodeguita’, o merendeiro “Los Árboles” de Xilloi con Secreto de Los Árboles e o mesón O Remo terá o pincho Guau bao.

O precio dos pinchos será de dous euros. Haberá un premio ao mellor pincho elixido polo público e un sorteo de dous xamóns, donados polos establecementos participantes, entre tódolos votantes. A entrega destes premios e o sorteo dos xamóns terá lugar o día 6 de maio ás 18:00 na Casa da Cultura de O Vicedo.