Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXAViveiro

Viveiro habilita un aparcamento con motivo da Camovi durante esta fin de semana

Por 24 Abril, 2019Sin comentarios

Ante a afluencia de visitantes prevista para os vindeiros días, con motivo da celebración da Carreira por Montaña Montes de Viveiro CAMOVI, o Concello de Viveiro realizou as xestións oportunas perante a Dirección Provincial do INSS e TXSS para poder habilitar como estacionamento a explanada na que se vai construír o novo edificio do INSS, situada ao lado de Correos.

Este aparcamento poderá utilizarse dende o venres 26 ata o domingo 28 de abril de 2019 (ambos incluídos).