Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

Mondoñedo incrementou as visitas na Semana Santa nun 30,48% con respecto ao ano 2018

Por 25 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo incrementou as visitas en Semana Santa nun 30,48% con respecto ao ano 2018 con 1.036 rexistros. Así, os datos recollidos pola Oficina de Turismo evidencian unha suba das visitas en relación ao ano 2018 e tamén ao ano 2017.

Destaca sobre todo a segunda metade da Semana Santa, de xoves a domingo, cunhas cifras excepcionais. En concreto, nestes días rexistráronse un 58,84% máis de turistas que en 2018 e un 45,67% máis que en 2017.

Os días festivos o rexistro de visitantes subiu das 150 persoas/día acadando incluso 324 persoas o pasado sábado na Oficina de Turismo. Ademais de solicitar información xeral, destacan as visitas á Cova do Rei Cintolo, máis de cen, e á Casa Museo de Cunqueiro.

Casa Museo de Cunqueiro

A Semana Santa achegou á Casa Museo de Cunqueiro a máis de 300 persoas. O sábado Santo foi o día no que máis visitas se rexistraron desde a súa apertura, con 70 visitas, unha cifra moi salientable. Desde a apertura da dotación cultural xa teñen pasado pola casa, ubicada na Praza da Catedral, máis de 1.151 persoas.

Recepción

A rexedora, a popular Elena Candia, subliña o tirón que tivo Mondoñedo ao longo da Semana Santa, o que consolida á cidade como un lugar turístico de referencia a nivel galego. Destaca, ademais da afluencia derivada das procesións, a importancia de contar con dous reclamos de máximo nivel como son a Casa Museo de Cunqueiro e as Covas do Rei Cintolo.

Candia recibiu onte no Concello aos participantes da Xornada monográfica patrimonio mindoniense APIT Galicia.