Skip to main content
ActualidadeFoz

Do 27 de abril ao 5 de maio terá lugar a campaña 'Céntimo Solidario' organizada polo CCA de Foz e a delegación da AECC local

Por 26 Abril, 2019Sin comentarios

O Centro Comercial Aberto de Foz colaborará por terceiro ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro, a través da campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 27 de abril ao 5 de maio.

O seu presidente, José Ramón Couto Dorado, e o presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, foron os encargados de presentala.

Arredor de 50 locais asociados participan nesta campaña organizada para recadar fondos para a AECC. Neses establecementos haberá situadas huchas para deixar os donativos que @s seus clientes queiran depositar.

José Carlos Paleo agradece “o traballo realizado durante todo o ano pola delegación local da Asociación Española contra o Cancro. Desde o CCA tamén quixemos un ano máis colaborar e poñer o noso gran de area co Céntimo solidario porque toda axuda, sexa a que sexa é importante”.