Skip to main content
ActualidadeViveiro

O BNG de Viveiro convida aos veciños a tomar un café coa candidata á alcaldía e coa eurodiputada Ana Miranda

Por 29 Abril, 2019Sin comentarios
“Mañá non fagas café na casa, tómao connosco!”, con esta frase e un sorriso, Miriam Bermúdez, convida así a toda a veciñanza de Viveiro a tomar un café con ela e a eurodiputada do BNG, Ana Miranda Paz.
“Charlaremos sobre os problemas de saneamento da Ría de Viveiro e como nos afecta isto, tanto en postos de traballo como en gastos para o municipio”, afirma a candidata á alcaldía, Miriam Bermúdez, e continúa “como é lóxico nun café, tamén falaremos dos temas que vaian xurdindo ou do que queiran falar as veciñas e veciños de Viveiro.”
Ademais da eurodiputada do BNG, Ana Miranda Paz, e a candidata á alcaldía de Viveiro, Miriam Bermúdez, tamén acudirán diferentes membros do BNG de Viveiro, entre eles o número 2 da candidatura, Seve Salgueiro, o responsábel de infraestructuras que intervíu no Parlamento Europeo para denunciar o estado no que se atopa a Ría de Viveiro.