Skip to main content
ActualidadeFoz

O VII Festival de Voces Xóvenes a Capella comezará este sábado e continuará os días 10 e 25 de maio

Por 30 Abril, 2019Decembro 18th, 2023Sin comentarios

A sétima edición do Festival de Voces Xóvenes A Cappella, que organiza a Delegación de Cultura do Concello de Foz, empezará este sábado, 4 de maio, e continuará os días 10 e 25 do mesmo mes. Todas as actuacións serán na Sala Bahía.

Este sábado ás 20:00 horas actuará o Proxecto Vocal Concerto Tempo, de Ferrol, que dirixe José Antonio García Mato desde a súa fundación, en 2006.

Os coros da Escola Municipal de Música de Foz, dirixidos por Felipe Sánchez Fernández, actuarán o 10 de maio, venres, ás 20:30 horas.

E o festival rematará o 25 de maio, sábado, ás 20:00 horas coa actuación do coro Tempus Fugit, de Viveiro, que dirixe Javier Fajardo.

Nesta actividade colaboran a Escola Municipal de Música de Foz e a Deputación de Lugo.