Skip to main content
ActualidadeAlfoz

VIA Alfoz presenta hoxe a súa candidatura para as eleccións locais

Por 30 Abril, 2019Sin comentarios

A nova candidatura coa que VIA Alfoz se presenta ás eleccións locais do vindeiro 26 de maio, será presentada este mércores ás 19:00 horas no Restaurante A Naranxa de Alfoz. Dita candidatura “estará formada por unha lista paritaria, acollendo a persoas de varias xeracións, a pais, a rapaces que queren asentar a súa familia no concello e a outros que tiveron que buscar vivenda ou traballo fora de Alfoz. Xunta tanto experiencia como xuventude, comparte continuidade e renovación e está composta, sobre todo, por xente comprometida con Alfoz”, segundo indican desde a dirección de VIA.

O acto, que é aberto a todo o público en xeral, comezará coa intervención de varios membros de VIA Alfoz e coa presentación dos candidatos. A continuación compartirase un aperitivo entre os asistentes e os membros da candidatura.