Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

Inauguradas en Mondoñedo as I Xornadas de Detección e Atención Temperá

Por 3 Maio, 2019Sin comentarios

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, defendeu hoxe durante a inauguración das I Xornadas de Detención e Atención Temperá, que se organizan dende o Concello, que “todas as administracións cando priorizamos o destino dos nosos recursos, debemos ter en conta aspectos tan importantes como é o da xornada que hoxe nos ocupa”.

Neste senso, a rexedora local asegurou que dende o Concello de Mondoñedo “quixemos sempre achegar o noso gran de area” ao conxunto de intervencións ou de iniciativas dirixidas tanto á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos de desenvolvemento ou en risco de padecelo, como a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión”. Candia precisa que “aproveitamos sempre todos os mecanismos e instrumentos que se nos daban dende a Consellería para sumar a nosa achega” e promover, deste xeito, a igualdade, a saúde e a inclusión social.

A este respecto, Elena Candia lembra que o Concello de Mondoñedo conta cunha Unidade de Atención Temperá que presta servizo nunha área que abarca Barreiros, Lourenzá, Trabada, A Pastoria, Riotorto e Trabada, que se encarga do coidado de nenos con necesidades educativas especiais con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos. Así, amosou o compromiso claro e decidido do seu Goberno con este servizo que o Concello puxo en marcha e que apostará por continuar mellorando, especialmente con actividades como a levada a cabo hoxe.

Polo tanto, con este obxecto de colaboración e suma o Concello de Mondoñedo organizada, xunto ca Servizo de Atención Temperá e a Asociación Guillen Veiga Iglesias, as primeiras Xornadas de Detención e Atención Temperá coas que colabora a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

A través dos distintos relatorios, da man de profesionais, que se están a desenvolver entre a xornada de hoxe e continuarán mañá sábado,  aportarase información sobre as  fases polas que pasan as familias con fillos e sobre as dificultades que poden padecer no seu desenvolvemento. A alcaldesa puxo en valor, polo tanto, a importancia e o interese destas xornadas, nas que hai máis de 70 inscritos.

Programa da xornada

A alcaldesa participou esta mañá na inauguración das xornadas xunto ao director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro e a concelleira de Benestar e Facenda, María Ángeles Rodríguez Rico.

Os relatorios desta mañá versaron sobre a ‘psicomotricidade vienciada relacional, un recurso na primeira infancia” e sobre ‘TDAH e as alteracións da aprendizaxe’. Posteriormente, realizouse unha visita guiada á cidade.

Xa pola tarde, entre as 16:00 e as 16:30 horas, Montserrat Fernández Prieto falará sobre ‘Xenes, cerebro e comportamento: proxecto de investigación multinivel do trastorno do esprectro do autismo’; ao que seguirá un obradoiro sobre a ‘Análise do modelo actual de crianza. Encontro de profesionais’.

Durante a mañá do sábado, os catro relatorios que se desenvolverán da man de profesionais da área centraranse na detección e inclusión e necesidades das familias con nenos con trastornos do desenvolvemento e recursos; na diagnose do Tea e a importancia da detección temperá; así como na interacción do metabolismo e o ambiente na aparición e a severidade dos trastornos do espectro autista. O último tema sobre o que se tratará na xornada é o da ‘Investigación dun novo métodos de diagnostico do TDAH, As posibilidade da realidade virtual’.

Estas primeiras xornadas de detección e atención temperá clausuraranse sobre as 13:45 horas. Entregarase certificado de Asistencia.