Skip to main content
ActualidadeViveiro

Luis Manuel García Otero será o candidato á alcaldía de Viveiro por SON Viveiro

Por 8 Maio, 2019Sin comentarios
Luis Manuel García Otero será o candidato á alcaldía de Viveiro polas filas de SON Viveiro – SON En Común.
SON Viveiro – SON En Común concorrerá ás eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro 26 de maio. Defínense como “un espazo de unidade viveirense, dentro do espazo común da esquerda Son En Común”. O voceiro na corporación municipal da formación e actual concelleiro, Luis Manuel García Otero, encabezará a candidatura.
Segundo afirma a formación: “A listaxe é un grupo formado por persoas moi capaces, procedentes de diferentes sectores (ensino, estudantado, sindicalismo, asociacionismo, traballadoras por conta propia e por conta allea, …), con diferentes sensibilidades pero claramente comprometidas para loitar por un Viveiro máis participativo e mellor”. Márcanse como un obxectivo primordial “ser un altofalante da veciñanza e das súas problemáticas para aportar solucións concretas”. Tamén destacan a incorporación de xente nova, con catro persoas que non superan os 25 anos, que estarán ao lado de xente con veteranía e cunha marcada experiencia, formando un colectivo disposto a traballar con honestidade para aportar e lograr melloras para o concello e os seus habitantes. Opinan que “serán a gran sorpresa nas eleccións municipais grazas á confianza que lles amosa a veciñanza de Viveiro”.
Como exemplo concreto de compromiso con Viveiro resaltan que no actual mandato conseguiran 27000 euros anuais para as arcas municipais, que corresponden á taxa anual de 3000 euros a cada un dos nove caixeiros automáticos instalados nas fachadas que dan á vía pública, ingresos que se estaban perdendo debido á apatía do anterior equipo de goberno.
Completan a lista: Menalia Yáñez Basanta, Lidia Feal Jiménez, Bruno Salgueiro Fanego, Manuel Lago Berdeal, María Alejandra Castro Geada, Mariano Quintela Pérez, Rubén Iglesias Rodríguez, Elena Insua López, Manolo Fernández López, Pablo Novoa Martínez, Uxía Quintela Díaz, Sara Trabada Blanco, Víctor Marcial Miranda Gómez, Marcos Besada Álvarez, María José Basanta Fanego e Orlando Expósito Mariño. Nela figuran como suplentes: Modesto Sánchez Casás, Enriqueta Gutiérrez Martínez e Gilberto Salgueiro Gabeiras.