Skip to main content
ActualidadeBurelaDeportes AMARIÑAXA

A V Ruta Cabalar Monte Castelo celebrarase o 18 de maio

Por 11 Maio, 2019Sin comentarios

O 18 de maio terá lugar a 5ª Ruta Cabalar Monte Castelo, que organiza o Concello coa colaboración da asociación Cabaleiros Pena de Burela. O evento foi presentado nas últimas horas. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, e membros da asociación Cabaleiros Pena de Burela.

A saída será ás 10 da mañá desde o pavillón dos institutos. Á metade da ruta haberá unha parada no Mirador do Monte Castelo, onde se servirán uns pinchos. Despois seguirá a ruta cara a praia da Marosa e seguirá polo paseo ata a praia urbana, onde haberá unha nova parada. A continuación a ruta dirixirase á praza do Concello e despois os cabaleiros percorrerán as principais rúas da vila.

O xantar será ás dúas e media no pavillón do Monte Castelo. O prezo é de 20 euros e é moi importante facer a reserva dos tíckets canto antes. É preciso confirmar a asistencia antes do 16 de maio nos seguintes teléfonos 675 04 67 16 ou 652 34 23 37.

A continuación terá lugar unha sobremesa amenizada por un dj, con múltiples sorteos e colchonetas gratis para os nenos e nenas.

Na 5ª Ruta Cabalar Monte Castelo entregaranse varios premios. Haberá trofeos para o xinete e amazona máis nov@s, para os de máis idade, para os que cheguen de máis lonxe, para a asociación máis numerosa (a que se presente con maior número de cabalos) e para a que veña de máis lonxe.

Desde a organización advirten que “cada amazona e xinete faranse responsables dos danos ocasionados polos seus cabalos”.