Skip to main content
ActualidadeBurela

Retirada de chicles do chan en Burela da man das monitoras de Gaia

Por 13 Maio, 2019Sin comentarios

As monitoras de Gaia, do Concello de Burela, estiveron a tarde do pasado venres na Praza da Mariña realizando unha actividade que consistía en quitar os chicles do chan. Cunha espatula e spray “animamos a pequenos e maiores a que nos axudasen a quitar chicles. Os chicles tardan uns 5 anos en desaparecer do chan, ensucian e afean o pobo, dan moito traballo, leva moito tempo e ten un custo importante”, explican desde Gaia.

Desde a Concellería de Medio Ambiente engaden: “estamos intentando concienciar do importante que é non tirar o lixo ao chan, do importante que é recoller os excrementos dos cans, reciclar…son actitudes que non custan nadan e que axudan a ter un mundo mellor, máis limpo e sostible”.

Á Praza da Mariña tamén  acudiron os rapaces e rapazas da Asociación Camiña “que viron no facebook de Medio Ambiente a actividade que íamos facer, e viñeron a axudarnos e a colaborar”, sinalan desde Gaia.