Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXAXove

Ana Pontón di que "demostramos que somos capaces de facer política municipal con maiúsculas", durante o mitin da Mariña

Por 14 Maio, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou o mitin na Mariña de Lugo para contrapoñer o modelo municipal de éxito do BNG “co fracaso da vella política caciquil” do PP nos concellos desta comarca, tomando como exemplo de transformación en positivo a favor das persoas os gobernos nacionalistas de Ribadeo e Muras, nas antípodas da “desfeita especulativa” dos populares en concellos como Barreiros.

Por iso pediu “estender o modelo municipal do BNG os concellos da Mariña e de Galiza a partir do 26M, porque demostramos que somos capaces de facer política municipal con maiúsculas dan man dun proxecto sólido, unido, renovado e coa man tendida que transforma en positivo e mellora a vida da veciñanza, desde a honradez, construíndo concellos feministas, ecoloxistas nos que se avanza e se prospera. Ese é o proxecto municipal do Bloque para o que pido o apoio dos e das galegas este 26M”, salientou Pontón.

A dirixente nacionalista participou no mitin comarcal na Mariña celebrado en Xove, coas intervencións dos rexedores e candidatos á reelección nos concellos de Ribadeo e de Muras, Fernando Suárez e Manuel Requeijo, así como as candidatas por Viveiro e Barreiros, Miriam Bermúdez e Ana Hermida, e o candidato por Xove, Xosé Manuel López Hermida.

Salientou que o reto na cita electoral “é máis BNG nos concellos, máis concellos gobernados co modelo municipal do BNG, libres de corrupción e de especulación, participativos, honestos na xestión, sustentables, coN dinamismo económico, social e cultural. Por iso, estou convencida de que imos ter un gran resultado o 26M, tanto nas eleccións municipais como nas europeas”.

Neste sentido, apelou á mobilización para sumar aínda máis a un Bloque en remontada e a alza. Pese a iso, instou a explicarlle a cantas máis persoas mellor en que consiste o modelo municipal do Bloque, sen facer caso ás enquisas, nin as que boas nis as menos boas, “porque a enquisa que importa é a do 26M”, recalcou. Pontón deixou claro que “calquera persoa é susceptible do votar o BNG sexan ou non nacionalistas porque os concellos gobernados polo Bloque avanzan e noutros municipios non pasa nada”.

A dirixente nacionalista lembrou que o 26M tamén eliximos representación en Europa e pediu o voto para Ana Miranda “quen foi capaz de converter o escano do BNG no escano de Galiza e iso queremos que siga sendo así pero con máis forza”.

Sectores produtivos na UE

Para defender Galiza en Bruxelas temos que ter alí unha persoa da solidez da nosa candidata que ten un traballo acumulado de gran valor e que coñece moi ben o funcionamento das institucións, experiencia, coraxe política e coñecemento é a combinación perfecta para seguir dando a cara por este país, polos seus sectores produtivos, pero tamén plantando cara á involución democrática e de recorte de dereitos”.

Pola súa parte, Miranda reivindicou a eficacia política do BNG en Bruxelas a favor do país fronte “ao desleixo do PP e do PSOE”, en temas como o saneamento das rías, na defensa dos sectores produtivos, da preservación do medio ambiente. “Porque somos garantía de seguir defendendo os intereses de Galiza na Eurocámara, porque temos vontade de traballo, compromiso e somos a voz galega que non cala”.

A actual eurodeputada recalcou o seu compromiso de ser de novo “a representación dos e das galegas preocupadas polo saneamento do noso litoral, porque non se decida en Bruxelas en contra dos nosos sectores produtivos, a favor da nosa cultura e da lingua, unha voz a favor da democracia, dos dereitos e das liberdades”, recalcou. Miranda volveu insistir no seu compromiso coas mulleres: “porque a nosa é unha candidatura feminista, que traballa sen descanso pola igualdade e polos nosos dereitos desde a premisa de que non imos permitir nin un paso atrás”.