Skip to main content
ActualidadeRibadeo

A Escola de Música e Danza de Ribadeo organiza unha cea de confraternidade o 29 de xuño

Por 19 Maio, 2019Sin comentarios

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, continuando cos actos do XXV aniversario da súa creación, organiza unha cea de confraternidade para rematar o curso. Será o 29 de xuño.
Esta cea está aberta a todas as persoas que queiran asistir, independentemente de que pertenzan á comunidade escolar actual ou non. O prezo estará entre os 20 e os 25 euros.
Dende a EMMeD comunican que para facer unha previsión das persoas que asistirán, realizarase unha pre inscrición para acadar unha mellor planificación do evento.
O prazo para que se anoten as persoas interesadas rematará o 31 de maio. As inscricións poden facerse no enderezo electrónico esmu.municipal.ribadeo@gmail.com o una propia Escola. A dirección do centro convida a todos a participar nesta cea coa que celebrarán o seu XXV aniversario.