Skip to main content
ActualidadeViveiro

O BNG de Viveiro aposta pola igualdade

Por 21 Maio, 2019Sin comentarios

Miriam Bermúdez resalta a necesitade vital de educar e traballar pola igualdade e contra a violencia machista desde o Concello, que debe contar cun Plan de Igualdade Municipal para  difundirse, implantarse e avaliar os seus resultados. Desde o BNG queren integrar a perspectiva de xénero nas políticas municipais e Incorporar cláusulas sociais na contratación pública.

Miriam Bermúdez: “queremos traballar en campañas de coeducación para o ensino e para unha educación non sexista e fomentar unha escola de Pais e Nais, así como promover  obradoiros de ‘bos tratos’ e de ‘corresponsabilidade doméstica’”. E continúa, “cremos que é fundamental fortalecer o CIM de Viveiro e os seus servizos de atención psicolóxica e legal así como demandar, desde o concello, a creación urxente do 3 xulgado de primeira instancia e instrución para o partido xudicial de Viveiro, o cal a través dunha inciciativa do BNG de Viveiro foi presentado no pleno da Deputación de Lugo polo que está en mans do TSX e deste concello tramitara súa creación, que axudará na mellora da prestación de servizos ás mulleres denunciantes de malos tratos que comparecen no xulgado.”