Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Os socialistas denuncian o “fracaso” das medidas da Xunta fronte á praga da pataca

Por 23 Maio, 2019Sin comentarios

O portavoz socialista de Gandaría, José Manuel Pérez Seco, denunciou o fracaso das medidas levadas a cabo pola Xunta de Galicia no intento de erradicación da praga de couza guatemalteca. O responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Agricultura do Parlamento reclamándolle á Xunta “medidas para a desinfección dos almacéns en zonas infectadas por esta praga da pataca”, seguindo as indicacións da Comisión de Seguimento da Couza.
O deputado socialista advertiu que as medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia na Resolución de marzo de 2017, entre as cales, sinalou, atópase a prohibición do cultivo de patacas nos concellos establecidos como zona infestada por un período mínimo de dous anos para a erradicación da praga, “foron un fracaso, e non deron os resultados esperados no tempo marcado pola propia administración”.
Pérez Seco sinalou que “incluso dende a propia administración estase a facer un chamamento para que a Xunta de Galicia elabore tarefas de asesoramento sobre a desinfección dos almacéns particulares naquelas zonas onde se continua coas tarefas de aplicación de produtos fitosanitarios”. Referiuse á auditoría levada a cabo pola Comisión Europea, na que, sinalou, “deixase claro a posibilidade da erradicación desta praga se se segue coas actuacións propostas”.
Pérez Seco lembrou que dende a primeira aparición desta praga en Galicia en 2015, “pasouse de 3 concellos infectados na Ferrolterra a 31 en 2017”, dos cales, sinalou, “14 concellos pertencen á comarca Ferrolterra e 17 á Mariña lucense”. Advertiu que a pesar das medidas impostas dende o goberno galego, en 2018 declarouse a Muxía zona infestada pola praga da polilla guatemalteca o que deixa claro, sinalou, “o fracaso das medidas impostas pola Xunta de Galicia”.