Skip to main content
ActualidadeFoz

O BNG de Foz sigue apostando polo saneamento e por unha ría limpa

Por 24 Maio, 2019Sin comentarios

Membros da candidatura do BNG encabezados por Francisco Xavier Fanego e acompañados pola deputada Olalla Rodil, reclamaron unha vez mais a limpeza da Ría, o saneamento, e tamén a solución aos problemas de calado na canle de entrada e no porto de Tupide.
Fixeron esta reivindicación a bordo de dúas embarcacións desde as cales despregaron unha pancarta coa lenda “Rías Limpas”, a mesma lenda das camisolas que luciron neste acto reivindicativo e que corresponde á campaña que o BNG está desenvolvendo por todo o país e tamén no Parlamento Europeo, a donde a deputada Ana Miranda vai levar os problemas da Ría de Foz, tal como manifestou o pasado 30 de abril na visita que realizou a Foz para entrevistarse con diverso colectivos que desenvolven a súas actividades, tanto lúdicas como económicas no porto e na ría de Foz.
Fanego recordou tamén o traballo desenvolvido décadas atrás pola Plataforma en Defensa da Ría de Foz, promovida polo desaparecido e recordado concelleiro nacionalista focego, Xoán Carlos Basanta.
Para o candidato á alcaldía, Francisco Xavier Fanego, “é crucial resolver o problema do sanemento, pois non podemos estar pagando unha taxa de depuración cando non se depura e os residuos están a verquerse directamente á Ría de Foz e ao mar”, manifestou. Fanego tamén insistíu na necesidade urxente de retirar a depuradora do muelle, buscándolle unha nova ubicación e garantindo o seu correcto funcionamento.
Os nacionalistas fixeron fincapé tamén na necesidade de facer unha recollida de lixo efectiva na explanada portuaria os martes despois do mercado, pois a deficiente limpeza deste espazo está xerando moitos problemas na zona, no propio porto e na propia ría, a donde van parar moitos dos residuos xerados pola actividade do mercado.