Skip to main content
ActualidadeRibadeo

O PP de Ribadeo proxecta a creación da Casa da Música e un Conservatorio no edificio do antigo colexio das monxas

Por 24 Maio, 2019Sin comentarios

O Partido Popular de Ribadeo proxecta a creación da Casa da Música e un Conservatorio no edificio do antigo colexio das monxas. Esta iniciativa, incluída no programa electoral dos populares ribadenses, foi dada a coñecer pola número dous da candidatura popular, Elisa Rodríguez Sanjurjo.
“Desde o Partido Popular de Ribadeo queremos recordarlles a todos os veciños e veciñas que o noso municipio ha ter sempre unha gran tradición musical e neste sentido queremos expresarlles o noso firme compromiso por afianzar e revitalizar esta tradición. Por iso no noso programa electoral para as próximas eleccións do 26 de maio uno dos proxectos importantes para o noso concello é a creación da Casa da Música. Irá emplazada no antigo colexio das monxas e será sé da Escola de Música e Danza, a Coral Polifónica e a Banda Municipal, entre outras”, explicou Elisa Rodríguez.
A segunda na lista do PP ribadense engadiu que “debemos dar un paso máis e profesionalizar os estudos que actualmente realízanse en Ribadeo creando un Conservatorio. Isto daralle a oportunidade ao alumnado de poder acreditar os seus estudos e así evitar ter que desprazarse desde a nosa localidade a outras para conseguilo”.
“Somos o único partido que se preocupa e involúcrase coa cultura ribadense. Ademais ímoslles a contar como o faremos: si gobernamos desde o noso concello compraremos o edificio e con fondos doutras administracións, que a día de hoxe están consensuados, farase a rehabilitación e o noso proxecto será unha realidade e non unha promesa. Para isto necesitamos o apoio de todos e todas vós. As nosas ideas serán as vosas realidades en Ribadeo”, concluíu Elisa Rodríguez.