Skip to main content
ActualidadeBarreiros

Os socialistas din que “Barreiros segue igual que hai 8 anos por culpa da incompetencia e desidia do alcalde"

Por 24 Maio, 2019Sin comentarios

“Barreiros sigue igual que hai 8 anos por culpa da incompetencia e desidia do alcalde do PP. Este domingo temos a oportunidade de cambiar esa dinámica. É a hora do cambio no noso Concello”, subliñou a candidata do PSOE á alcaldía, Carmen Veiga. Díxoo no mitin celebrado este xoves no que estivo arroupada polo Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Senador do PSOE pola provincia de Lugo, César Mogo.  
Carmen Veiga destacou que “temos un goberno caduco e sen ideas. As promesas que fixo no 2011 seguen vixentes porque non fixo absolutamente nada, aínda que agora, antes das eleccións, finxa que fai. Seguimos sen os saneamentos, sen a EDAR, sen o dragado na ría do Masma…, pero xa non engana aos veciños de Barreiros. Acabouse esta etapa de escuridade, caciquil e de amiguismos do PP”.
“Dende o PSOE imos gobernar para todos os veciños por igual, para que teñan os servizos básicos que merecen. Porque os socialistas poñemos ás persoas por riba dos interese persoais. E o faremos igual que fan os nosos compañeiros no Goberno da Deputación e no Goberno Central, pois para a Xunta do Partido Popular Barreiros non existe. Se non fora polos 2 millóns achegados polo Executivo Provincial o noso Concello non tería un investimento novo en 4 anos”.
“É moi importante que este 26 de maio acudan os barreirenses en masa a votar pola alternativa real de goberno. Polo proxecto de progreso e avance que defende o Estado de Benestar. Polo Partido Socialista”.