Son Viveiro impulsará a creación dun parque infantil cuberto

SON Viveiro – SON En Común vai promover unha demanda que -en palabras do seu portavoz, actual concelleiro e candidato á alcaldía, Luis Manuel García Otero- conta cun grande apoio popular: dotar a Viveiro dun parque público cuberto para as nenas e os nenos. Trátase dunha petición trasladada ao pleno por parte de SON Viveiro o 4 de novembro do 2015 e que continúa estando vixente na actualidade.

Será un espazo de ocio e de xogo máis confortable que os xa existentes ao aire libre e do que poderá facerse uso tanto no verán como no inverno, cando o tempo non acompaña. Ademais de impulsar a súa aprobación no pleno, esixirán a creación dunha partida orzamentaria específica que será complementada nos presupostos do ano 2.020.

Salientan que na cidade de Lugo xa existen dous parques destas características e van instalar un terceiro e lembran que é imprescindible o aumento de zonas de lecer para os máis novos, o cal permitirá ademais o acercamento da veciñanza de todas as idades a esta nova superficie, que terá un deseño accesible e adaptado a persoas con diversidade funcional.

Etiquetas