Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

O videoclip rodado na Mariña 'De bruma e salitre' premiado no Festival Internacional de Primavera do Cine de Vigo

Por 27 Maio, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios


De bruma e salitre, do grupo musical Mileth, alzouse co premio ao mellor videoclip na sección oficial do Festival de Primavera do Cine en Vigo, que clausurou a súa oitava edición o pasado domingo 5 de maio. A peza audiovisual premiada foi dirixida por Xaime Miranda, con Iago Vilarinho como director de fotografía. Así mesmo, á parte dos propios integrantes do grupo Mileth, o realizador Xaime Miranda contou coa colaboración de veciñas e veciños mariñáns para dar vida aos personaxes do videoclip que, como vén sendo habitual nos seus proxectos, foi rodado integramente na Mariña. Nesta ocasión as escenas rodáronse en Barreiros, Mondoñedo, Burela, Cervo e O Valadouro (de onde é natural un dos compoñentes do grupo Mileth)
Para Xaime Miranda este é o segundo galardón que recibe no citado festival, posto que na anterior edición tamén gañara o premio ao mellor videoclip por Inferis, un traballo do director para a banda viguesa Basanta.