Skip to main content
ActualidadeMar AMARIÑAXA

Portos de Galicia e a Fegamp avanzan na definición dos criterios globais para posibles desafectacións de terreos

Por 27 Maio, 2019Sin comentarios

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, encabezou unha nova reunión da mesa de traballo entre o ente público e a Fegamp para abordar as cuestións competenciais relativas aos terreos portuarios de uso público das vilas mariñeiras.
Nesta xuntanza, técnicos e representantes políticos de diferentes departamentos da Xunta e a Federación Galega de Municipio e Provincias, avanzaron na definición dos criterios e directrices que establecerán o marco xeral de actuación ante as solicitudes de desafectación de terreos portuarios por parte das administracións locais.
Portos de Galicia lembra que este grupo de traballo é a canle habilitada para o traslado das solicitudes dos concellos relativas á titularidade e os usos non estritamente portuarios dos terreos de titularidade do ente público.