Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXA

O encoro de Riocobo acolle o sábado 1 de xuño a segunda regata de piragüismo da liga provincial

Por 30 Maio, 2019Sin comentarios

O Encoro de Ríocobo acollerá o sábado, 1 de xuño, a segunda regata da novena Liga Provincial, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
O alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron a proba, acompañados polo presidente do Club Deportivo San Ciprián, Manel Gómez e do responsable da sección de piragüismo, Iván González.
En total estímase que serán máis de 200 deportistas os que se darán cita no Encoro de Riocobo, para competir nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín A e B, infantil A e B, cadete, xuvenil, sénior e veterano; todas elas probas mixtas, nas modalidades K1 e C1.
A competición comezará ás 10:30 horas e participarán o Club Fluvial de Lugo, o club de piragüismo Cidade de Lugo, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz, o club de piragüismo de Viveiro, e o club local, o CD San Ciprián.
O rexedor desexoulle sorte aos representantes locais e apuntou que “desde o Concello de Cervo convidamos a todos, veciños e visitantes, a que se acheguen nesa xornada ao Encoro de Riocobo e gocen desta competición e dunha contorna de luxo como é a que acolle esta proba”.