Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXA

Novo curso de Monitor de Fútbol Sala en Burela

Por 31 Maio, 2019Sin comentarios

A Escola de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol pon en marcha un novo curso de Monitor de Fútbol Sala en Burela. A actividade comeza o 5 de xuño.
Este curso de Monitor de Fútbol Sala comezará o 5 de xuño e rematará o 6 de xullo. A actividade desenvolverase os luns, mércores e xoves en horario de 20 a 23 horas e os sábados de 9:30 a 14:30 horas.
A inscrición para este curso xa está aberta e pode realizarse de xeito online a través do apartado da Escola na nosa web (www.futgal.es) ou ben a través da seguinte ligazón  inscrición. Ademais, toda a información do curso podedes atopala na seguinte convocatoria.
E calquera dúbida que poida existir pode consultarse contactando coa Escola de Adestradores no número de teléfono 981 900 600 ou no correo electrónico escueladeentrenadores@futgal.es.